Concello de Noia
SAÚDA DO ALCALDE
Estimadas veciñas, estimados veciños:

Esta páxina que poñemos á vosa disposición e á de todos aqueles que se interesen polo noso concello dende calqueira lugar do mundo conectado a Internet quere ser un medio máis de comunicación, un xeito de contacto entre a administración local e a cidadanía.

Agradeceremos todas as suxerencias que se fagan para completala, pois unha web, igual que a realidade, é sempre algo en permanente mellora e construción. Buscaremos dende o Concello ser o máis interactivos posibles e dar resposta ás necesidades informativas da veciñanza e de todos aqueles que nos escollan como destino da súa viaxe.

Temos ante nós un novo e apaixoante reto: modernizar a administración municipal e conseguir unha democracia máis participativa e directa. Iso só será posible coa túa colaboración, a cal agradezo dende agora.

Este portal web busca ser un espello da Noia deste século, unha fiestra cara ao mundo e un lugar onde se depositen as vosas propostas e anhelos.

Benvidas, benvidos

R. García Guerrero, alcalde de Noia




Para seguir o traballo do alcalde podes visitar o blogue http://rafaelgarciaguerrero.blogspot.com, escribirlle ao correo rafaelgarciaguerrero@gmail.com ou, se empregas Facebook, engadilo no seu perfil.
PLENO
Órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal. Está constituído polo alcalde e os concelleiros. Ao alcalde correspóndelle convocar e presidir as sesións plenarias aínda que pode delegar nalgún dos concelleiros.

O Pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos recóllese no regulamento municipal. Constitúeo unha Secretaría Xeral e unha serie de Comisións encargadas de xestionar diversas áreas de goberno e de informar sobre ésta ao Pleno.

No Pleno apróbanse e modifícanse regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, entre outras disposicións. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas tamén é unha das competencias do Pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.
 
Os plenos ordinarios de Noia teñen lugar cada último venres de mes, normalmente ás 20:00 horas, nun salón habilitado no Concello para os mesmos. Nos meses de agosto e decembro non hai pleno, por vacacións. O 24 de xullo celébrase un pleno con motivo da véspera do Día de Galicia.
GRUPOS POLÍTICOS
No Concello de Noia están representados na actualidade tres grupos políticos. Trátase do Partido Socialista de Galicia- Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE), o Partido Popular (PP) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG).

http://www.psdeg-psoe.org
http://portal.ppdegalicia.com
http://www.bng-galiza.org
Noieses Independentes Agrupados

ALCALDÍA - ÁREA DE ECONOMÍA E FACENDA - NOVAS TECNOLOXÍAS E TELECOMUNICACIÓNS - NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

RAFAEL GARCÍA GUERRERO (PSdeG)

 

ÁREA DE ECONOMÍA E FACENDA
Elaboración e presentación dos orzamentos anuais con tódolos seus documentos, modificacións orzamentarias e propostas de modificacións competencia do pleno, desenvolvemento orzamentario (autorización e disposición de gastos e recoñecemento de obrigas), realización dos pagos, operacións de tesourería, operacións de crédito, fraccionamentos e aprazamentos de débedas, liquidacións tributarias e demais ingresos de dereito público, exencións e bonificacións tributarias, devolución ingresos indebidos, devolución de fianzas, aprobación de prezos privados, propostas de aprobación e/ou modificación de de prezos públicos.

NOVAS TECNOLOXÍAS E TELECOMUNICACIÓNS
Desenvolvemento da e-administración, xestión do CEMIT, xestión da web municipal, blog e  redes sociais do concello, radio municipal, implantación da wifi, telecomunicacións.



Para contactar co alcalde: rafaelgarciaguerrero@gmail.com
ÁREA DE URBANISMO, VIVENDA E SOLO - ÁREA DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO HISTÓRICO DE NOIA E PATRIMONIO

XOSÉ BIEITO GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ (BNG)

 

ÁREA DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO HISTÓRICO DE NOIA E PATRIMONIO, que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:

Desenvolvemento de políticas de rehabilitación en espazos tanto públicos como privados.
Dirección da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico.
Xestión, impulso, regulación, concesión, etc. de subvencións nese ámbito.
Desenvolvemento do PEPRICH (unidades de actuacións, intervencións puntuais, etc.. propostas de revisión e modificación do mesmo.
Concesión, denegación, cambios de titularidade, prórrogas e demais incidencias de licencias urbanísticas de obras menores e licencias de actividades inocuas, non suxeitas o Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación e incidencia ambiental, que se sitúen nese ámbito.
Expedientes de disciplina urbanística e de reposición da legalidade urbanística que se sitúen no Casco Histórico.
Expedientes sancionadores e de reposición da legalidade infrinxida en materia de actividades, establecementos abertos ó público e de espectáculos públicos, que se sitúen no Casco Histórico, incluídos os motivados por incumprimentos de horarios e da normativa de ruídos.
A adopción das ordes de execución, dentro do Casco Histórico de Noia,que proceda por razón de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade das parcelas e edificación e a súa execución forzosa en caso de incumprimento, polos medios legalmente previstos.

ÁREA DE URBANISMO, VIVENDA E SOLO que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:

Desenvolvemento de solo industrial.
Promoción e construción de vivenda pública.
Xestión do patrimonio municipal do solo.
Elaboración e impulso do Plan Xeral de Ordenación Municipal e dos Plans especiais do medio rural.
Concesión, denegación, cambios de titularidade, prórrogas e demais incidencias de licencias urbanísticas de obras menores e licencias de actividades inócuas, con exclusión das que se sitúen no Casco Histórico.
Expedientes de disciplina urbanística e de reposición da legalidade urbanística con exclusión das que se sitúen no Casco Histórico.
Expedientes sancionadores e de reposición da legalidade infrinxida en materia de actividades, establecementos abertos ó público e espectáculos públicos, incluídos os motivados por incumprimentos de horarios e da normativa de ruídos, con exclusión dos que se sitúen no Casco Histórico.
A adopción das ordes de execución que proceda por razón de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade das parcelas e edificación e a súa execución forzosa en caso de incumprimento, polos medios legalmente previstos.
Aprobación dos proxectos proxectos das obras promovidas polo Concello de Noia.

Para contactar con Bieito González : bieitonoia@hotmail.com
ÁREA DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO - ÁREA DE RELACIÓNS VECIÑAIS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

MARISOL VILLAR AGEITOS (NO.I.A.)

 

ÁREA DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO, que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:

Planificar a política municipal en materia de medio ambiente e coordinar a actuación dos servizos co fin acadar os obxectivos e fins que se propoñan en dita planificación.
Dirección e coordinación das competencias municipais en materia de RSU, relacións coa Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, mediante solicitudes de ampliación de servizos, instalación de colectores, mantemento e reposición e calquera outra non atribuída a presidencia ou órganos da mesma.
Inspección, xestión e coordinación do servizo de Punto Limpo.
Incoación, tramitación e resolución dos expedientes sancionadores en materia de medio ambiente e limpeza viaria.
Fomentar e velar pola regularización das actividades industriais, mercantís, comerciais e análogas co obxecto de controlar preventivamente e de cara ó futuro o funcionamento desas actividades, acadar unha descontaminación gradual e evitar ós vertidos incontrolados á rede de sumidoiros, ás augas e ás costas, no ámbito das competencias municipais. Con este mesmo fin, colaborar e recabar a cooperación activa das administracións públicas e organismos autónomos competentes, propoñendo e asinando os convenios e concertos que proceda.
Velar polo control da contaminación atmosférica no ámbito das competencias locais.
O control da contaminación sonora e por vibracións, mediante a continuación do proxecto de implantación dun sistema de medición de ruídos se é o caso, ou mediante o cumprimento de calquera das obrigas encomendadas á administración municipal pola normativa vixente,
Colaborar coas administracións e organismos autónomos competentes co fin de manter e controlar os recursos hídricos e as marxes e canles dos ríos e regatos que transcorren polo termo municipal.
Exercitar as medidas precisas para evitar o abandono incontrolado de residuos no termo municipal.
Limpeza viaria e de praias.
Limpeza de camiños rurais e fincas municipais.
Velar pola limpeza e mantemento dos sendeiros que transcorren polo termo municipal e valorar a conveniencia e oportunidade de crear novos sendeiros.
A responsabilidade superior na defensa e protección dos animais do termo municipal, a responsabilidade do servizo de recollida dos animais abandonados e calquera outra atribución relativa ós animais domésticos e salvaxes en catividade.
Programación e implantación das políticas municipais tendentes a acadar a eficiencia enerxética e desenvolvemento sostible.
Grupo de acción costeira, cOa representación dos intereses do Concello perante o grupo e presentación de propostas para a consecución dos obxectivos do mesmo e a satisfacción dos intereses do Concello no ámbito de actuación.
Lonxa de Testal, pantaláns, relación coas cofradías .

ÁREA DE RELACIÓNS VECIÑAIS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:

Relacións cos Consellos Municipais.
Dirixir e impulsar a política municipal referida ó asociacionismo e a participación cidadá en orde a canalizar e promover a defensa dos intereses xerais ou sectoriais da comunidade veciñal.
Dirixir, xestionar os servizos de Participación Cidadá e Atención Cidadá.
Tramitar, resolver as solicitudes de inserción, incidencias ou modificacións no Rexistro Municipal de Asociacións.
Dirixir e organizar o servizo de información a nivel presencial ou telefónico.
Centralizar, supervisar, distribuír e realizar un seguimento das queixas e suxestións xeradas nos distintos niveis.
Promover, dirixir e colaborar, a organización de actividades, cursos, actividades e e xornadas dirixidas as asociacións locais
Xestión dos locais sociais de titularidade municipal.

Para contactar con Marisol:  mvillarageitos@gmail.com
ÁREA DE OBRAS E SERVIZOS

MARÍA LUISA LORENZO BLANCO (PSdeG)

 



ÁREA DE OBRAS E SERVIZOS
que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:

Xestión do servizo municipal de abastecemento de auga.
Xestión da estación de tratamento de auga potable.
Xestión do servizo municipal de saneamento.
Xestión da estación depuradora de augas residuais.
Xestión do servizo público de alumeado público.
Mantemento e xestión das estradas e beirarrúas, e edificios municipais.
Xestión do servizo do Cemiterio Municipal.
Dirección e ordenación da Brigada de Obras.
Instrución dos expedientes sancionadores en materia de tráfico.

Para contactar con Marisa: mluisanet@live.com
ÁREA DE BENESTAR SOCIAL

SOFÍA CAAMAÑO LADO (BNG)

 



ÁREA BENESTAR SOCIAL
que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:

Dirixir e xestionar o Plan comarcal de prevención de drogodependencias.
Planificación e programación da política municipal dos Servizos Sociais determinando as directrices xerais e as prioridades no seu desenvolvemento.
Detección e estudo das necesidades sociais.
Coordinar todas as actuacións que en materia de Servizos Sociais se xestionen no Concello ditando instrucións para regular a súa actividade.
Procurar garantir a prestación de Servizos Sociais a aqueles sectores da poboación en situacións de desprotección social e marxinación a través de medidas adecuadas á problemática da cada colectivo levando a cabo cantas actuacións sexan precisas.
Promover e impulsar cantas actividades sexan necesarias para contribuir a propiciar o desenvolvemento dunha maior participación e colaboración da sociedade ante problemas de marxinación e desprotección social.
Manter contacto permanente cos órganos das restantes Administracións Públicas para desenvolver e exercer funcións relacionadas cos Servizos Sociais e o Benestar Social.
Formular a programación e xestión dos plans de formación específica do persoal de Servizos Sociais.
Xestionar e resolver as solicitudes de prestación do servizo de axuda no fogar, xantar sobre rodas, inserción social, convivencia alternativa, servizo de atención a inmigrantes e emigrantes, programa 065.
Dirección e coordinación do CIM.
Dirixir e xestionar o STAND.
Muller.
Terceira idade e xestión do Clube de Xubilados.
Coordinación da Fundación Blanco Romero Monroy.
Igualdade.
Prever plans municipais de actuación, ó obxecto de adaptar as vías públicas, parques e xardíns á Lei de Accesibilidade, concertando coa concelleira delegada da Área de Economía e Facenda a porcentaxe do orzamento destinada a estes fins.

Para contactar con Sofía Caamaño: sofia.caamano@noia.dicoruna.es
ÁREA DE INDUSTRIA, COMERCIO, TURISMO, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

MÓNICA GONZÁLEZ EIRAS (NO.I.A.)

 


ÁREA DE INDUSTRIA, COMERCIO, TURISMO, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
, que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:

Relacións, sinatura de convenios, convocatoria de subvencións para o sector comercial e industrial de Noia.
Dirección das actuacións en materia de promoción, fomento e desenvolvemento do pequeno e mediano comercio da cidade, principalmente en canto a formación, asociacionismo, etc., así como a xestión das axudas destinadas a estes fins.
Promover a participación institucional do Concello en feiras, exposicións e certames
O impulso e a xestión dos mercados municipais
Organización da Feira Medieval anual e festas gastronómicas e feira de gando promovidas polo Concello de Noia.
A planificación e execución da política municipal de fomento do turismo na cidade mediante inversións directas, axudas e publicidade, así como a promoción turística da cidade e a súa imaxe turística en todos os ámbitos.
O deseño e dirección das políticas de promoción económica local e das políticas activas de emprego a desenvolver polo Concello de Noia, así como daquelas outras tendentes á posta en valor dos recursos endóxenos e ó desenvolvemento económico local, especialmente dos tendentes á mellora da ocupabilidade dos desempregados (orientación, formación e inserción laboral), á adquisición de experiencia laboral e o apoio ás iniciativas empresariais e de autoemprego do ámbito local.
A relación cos organismos da Administración Central, Autonómica e Provincial competentes nesta materia especialmente coa Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia S.A. (Turgalicia S.A.)
Xestión do servizo de parques e xardíns.

Para contactar con Mónica: monicaeiras@edu.xunta.es
ÁREA DE SEGURIDADE CIDADÁ

BERNABÉ PIÑEIRO SANTOS (PSdeG)

 



ÁREA DE SEGURIDADE CIDADÁ
que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:

Dirección do Grupo municipal de intervención rápida.
Dirección da brigada de incendios.
Preparación de asuntos para a Xunta Local de Seguridade.
Seguimento e aplicación dos plans de emerxencias.
Mellora das sedes de protección civil e subsede de bombeiros.
Administración e xestión dos vehículos de seguridade cidadá.
Regulación do tráfico e aparcamentos.

Para contactar con Bernabé: manuel.pineiro@noia.dicoruna.es
ÁREA DE EDUCACIÓN - ÁREA DE DEPORTES

MARÍA DEL CARMEN DOMÍNGUEZ VILLANUEVA (PSdeG)

 



ÁREA DE EDUCACIÓN
que se concreta entre outras nas seguintes atribucións:

Mantemento dos centros educativos.
Colaboracións centros educativos e ANPAS.
Conservatorio.
Axudas escolares para libros e bonobús.
Relacións coas universidades
Organización e xestión dos cursos de verán.

ÁREA DE DEPORTES que se concreta entre outras nas seguintes atribucións:

Organización e desenvolvementos de actos deportivos.
Relacións, sinatura de convenios, convocatoria de subvencións para o sector do deporte de Noia.
Promoción do deporte.
Xestión dos equipamentos deportivos municipais.

Para contactar con Mari Domínguez: andmariam2@gmail.com
ÁREA DE CULTURA E FESTEXOS

JAVIER RODRÍGUEZ VIEITES (PSdeG)

 



ÁREA DE CULTURA E FESTEXOS
, que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:

Establecer as directrices xerais e a política municipal da Área, conformar os programas anuais e plurianuais de xestión, determinando os obxectivos e os recursos materiais e persoais necesarios para o funcionamento dos equipamentos, servizos e programas.
Exercer as competencias municipais en relación coa dirección so equipamentos culturais do Concello, de acordo coas normas específicas que regulan cada un deles, Teatro Coliseo Noela, Casa da Cultura Antón Aviles de Taramancos, Local de Ensaio Prudencio Romo, Biblioteca Municipal.
Manter contacto permanente cos órganos da Administración autonómica, estatal ou europea, así como con outras entidade públicas ou privadas que desenvolvan actividades e programas relacionados coas competencias delegadas en materia de cultura.
Establecer medidas de seguimento e avaliación, estudos de custos e elaboración de memorias relativas á xestión da Área de Cultura, das súas unidades, equipamentos, servizos e programas.
O fomento de toda clase de actividades que promovan a creatividade artística, así como a programación de exposicións e outras expresións plásticas.
O fomento da creación literaria e a promoción do hábito da lectura, así como o fomento e xestión dos servizos bibliotecarios municipais.
O fomento, a promoción e axuda de entidades, institucións e asociacións artísticas e culturais.
A promoción, difusión e extensión da cultura en calquera das súas manifestacións.
Organización de festexos de todo tipo.
Organización do festival de curtametraxes.

Para contactar con Javier Rodríguez : culturaconcellodenoia@gmail.com
ÁREA DE RÉXIME INTERIOR

JOSÉ RODRÍGUEZ AGULLEIRO (PSdeG)

 



ÁREA DE RÉXIME INTERIOR
que se concreta, entre outras, nas seguintes atribucións:.

En relación cos Servizos Xerais efectuaranse as seguintes delegacións:
Dirixir e xestionar o funcionamento do Rexistro Xeral, Arquivo e demais seccións ou unidades xerais.
Ordear e outorgar o visto e prace ás certificacións que poidan expedirse con referencia ós libros de rexistro, así como ás que se expidan en relación cos edictos remitidos polos Rexistros da Propiedade para a súa inserción no Taboleiro.
Controlar os consumos de electricidade, teléfono, auga, adoptando ou propoñendo a adopción de medidas que estime procedentes para maior economía no gasto.
Ditar as ordes e instrucións que sexan precisas ós servizos municipais para a adopción de medidas de seguridade e reparación, mantemento e conservación, que requiran os edificios de propiedade municipal, en especial a Casa do Concello.
Xestión dos servizos de subministracións ós edificios administrativos do Concello.

Para contactar con José Agulleiro:  xragulleiro@gmail.com

Concello de NoiaConcello de Noia
Rosalía de Castro, 2 - 15200 Noia (A Coruña)
Tel.: 981 842 100 - Fax 981 821 741