CIM (CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER)
Entre os departamentos da área de Benestar destaca o CIM (Centro de Información á Muller)
O CIM é un centro de información ás mulleres, un servizo gratuíto destinado a atender as demandas das mulleres do concello, proporcionando asesoramento xurídico, atención psicolóxica e outras que resolve as dúbidas de xeito personalizado e confidencial.
Está ubicado na rúa do Curro nº4 de Noia
981 828011/981828104
Enderezo electrónico: cim.noia@hotmail.com
Poden acudir todas as mulleres do Concello de Noia e as dos concellos limítrofes de Porto do Son e de Lousame, nun horario de atención de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas. O CIM é atendido por unha psicóloga e un avogado, coordinados coa traballadora social do concello e coa educadora familiar. Servizos que ofrece o CIM:
Atención psicolóxica
Apoio e atención psicolóxica personalizada.
Orientación e asesoramento en dificultades emocionais.
Intervención en casos individuais como ansiedade, depresión, problemas de conducta...
Separación, divorcio.
Apoio e asesoramento en casos de malos tratos.
Asesoramento xurídico
Dereito de familia: separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias.
Dereito Penal: denuncias, malos tratos, lesións, ameazas e inxurias.
Solicitude de xustiza gratuíta.
Outros aspectos do dereito como o civil, administrativo, laboral...
Violencia de xénero
Atención e asesoramento en casos de malos tratos.
Acompañamento na xestión e trámites a realizar (denuncia, orde de alonxamento...)
Tramitación de teléfono móbil de teleasistencia para víctimas de violencia.
Apoio psicolóxico.
Colaboración con outros servizos de intervención en casos de malos tratos (garda civil, policía local, servizos sanitarios...)
Principios que rixen o CIM:
O desempeño das funcións está inspirado polos seguintes principios:
Anonimato na identidade das usuarias.
Respecto á vontade das usuarias na búsqueda das posibles solucións e alternativas ás consultas plantexadas.
Gratuidade de tódolos servizos que se precisen
Respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do CIM que garantirá a privacidade das comunicacións.
OMIC (OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR)
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un servizo gratuíto que ofrece o Concello de Noia a tódolos cidadáns da Comarca de Noia. A OMIC de Noia dá información aos usuarios e consumidores, colabora na atención e defensa do consumidor, axudándolle na tramitación das súas reclamacións, denuncias e queixas.
Entre as súas funcións están:
Asesorar e informar ao cidadán para o coñecemento dos seus dereitos como usuario e consumidor.
Axuda na tramitación de queixas e reclamacións e remiteas ás enteidade e organismos oportunos.
Realiza actos de mediación.
Realiza Educación e Formación en Consumo en xeral para a cidadanía.
Está ubicada na Casa do Concello
Rosalía de Castro, 2
15200 , NOIA , A CORUÑA
Teléfono:981842100
ADL (AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL)
O Concello de Noia conta con dous axentes especializados no desenvolvemento local, un ADL e un TLE, técnico local de emprego. Este servizo conta coa colaboración da Consellería de Traballo que finanza parcialmente o soldo do técnico local de emprego.
A Axencia de Desenvolvemento Local de Noia ten como principal función a xestión e tramitación de subvencións, é a encargada de informar, tramitar e xustificar as subvencións municipais, polo cal o seu labor é de especial importancia para os intereses municipais. A ADL tamén dá información e asesoramento a particulares e empresas, e sobre todo a asociacións que son o colectivo que máis fai uso deste servizo.
Ubicación: na Casa do Concello
Rosalía de Castro, 2 - 15250 Noia
ORIENTACIÓN LABORAL
O Concello de Noia ten a disposición dos veciños un servizo de orientación laboral, cofinanciado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
O Servizo Público de Emprego de Galicia conta con centros propios da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia: as Oficinas de Emprego e tamén con centros asociados como o Centro Asociado do Concello de Noia.
As súas funcións son:
Realización de itinerarios dos desempregados de cara a súa integración no mercado laboral.
Asesoramento na elaboración do Curriculum Vitae.
Itininerarios de formación e emprego para o demandante de emprego.
Dar información e asesoramento sobre formación, cursos, etc.
Planificación da integración laboral do demandante.
Relacionar demanda oferta de emprego.
Colaborar na elaboración de programas activos de emprego. Ubicación: na Casa do Concello
OMIX (OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL)
A Oficina de Municipal de Información Xuvenil de Noia é un servizo municipal gratuíto ofertado polo concello de Noia que ten por finalidade informar e asesorar á mocidade noiesa.
A OMIX de Noia ofrece a tódolos mozos e mozas da vila de Noia información laboral, cursos, vivendas, subvencións, actividades, etc.
Colabora na tramitación do carne xove.
Promoción do asociacionismo xuvenil. Rexistro de asociacións.
Ubicación: Casa do Concello
Rosalía de Castro, 2 - 15250 Noia
Teléfono: 981 84 21 00 de 9:00 a 14:00
PIC (PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL)
O PIC do Concello de Noia é un servizo de ámbito comarcal, onde o cidadá pode acceder aos seus datos no Catastro evitando desprazamentos á oficina de Catastro en Coruña.
Emite certificacións catastrais descritivas e gráficas, certificacións negativas e información catastral de todo o estado español.
Ante a saturación deste servizo foi preciso poñer unhas taxas pola súa utilización, de xeito que todos e todas fagamos un uso racional do PIC.
Certificado catastral telemático: 1,26 €
Certificación catastral descritiva e gráfica:12€
Ubicación: Casa do Concello
Rosalía de Castro, 2 - 15250 Noia
Teléfono 981 84 21 00 de 9:00 a 14:00
BTN (BANCO DE TEMPO DE NOIA)
O Banco do Tempo de Noia é unha iniciativa que funciona sen ánimo de lucro, é un servizo gratuito que oferta o concello de Noia e que está financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. É un banco que funciona sen cartos. A unidade de intercambio é a hora. Nestes intres está inactivo.
O BTN pretende promover o intercambio de tempo a través da prestación de servizos entre os usuarios para poder levar a cabo (resolver) as tarefas/actividades (necesidades) da vida diaria, de forma cooperativa, solidaria, participativa e autoorganizada, potenciando as relación veciñais e axudando á conciliación da vida persoal, familiar e laboral para acadar nun futuro a cooperación e corresponsabilidade entre homes e mulleres, favorecer a integración social de grupos, minorías, colectivos con dificultades de inserción social.
Sistema de intercambio e axuda mutua no que a moeda de cambio é a hora (1h=1crédito).
A Consellería de Traballo da Xunta de Galicia opta pola regulación por lei dos Bancos de Tempo. Esta lei, a de “traballo en igualdade das mulleres de Galicia” establece o marco normativo para os Bancos do Tempo. Galicia regula os Bancos do Tempo como un sistema de troco sen diñeiro.
POBOACIÓN DESTINATARIA/BENEFICIARIA
Dirixido a todo o conxunto da poboación,maior de idade, empadroados e residentes no Concello de Noia (salvo excepcións).
Homes, mulleres, xóvenes, maiores, discapacitados, inmigrantes, etc.
Intercambio gratuito de servizos entre as persoas para que estas se coñezan e confíen nos demáis para resolver necesidades da vida diaria e levar a cabo actividades satisfactorias.
Un usuario oferta/demanda un servizo e a cambio percibe/presta outro (ou o mesmo) servizo cunha duración temporal equivalente.
Todas as actividades teñen o mesmo valor, dependendo só do tempo que se tarde en realizalas.
Banco de Tempo Municipal (Inactivo)
Concello de Noia (Segundo andar)
Rúa Rosalía, 2. C.P.: 15.200
Horario de atención ao público: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.
CASA DA CULTURA "ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS"
Conta con Salón de Actos e Sala de Exposicións. Funciona tamén como punto informativo cultural e turístico.
R/ Corredoira de Luis Cadarso nº 6 1º andar
Tfno.Fax. 981-824169
Horario público de outubro a xuño:
luns a venres: 9:30 a 13:30 e de17:00 a 20:00 horas
Horario de xullo a setembro: 9:30 a 13.30 e de 18:00 a 20:00 horas
BIBLIOTECA
R/ Corredoira de Luis Cadarso nº 6-1º andar
Tfno.Fax.981-824169
Horario público de outubro a xullo:
Luns a venres de 9:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 h
Sábado: de 10:00 a 13:30 h.
Horario público de agosto-setembro:
Luns a venres, de 8:30 a 14:30 h
Sábados, de 10:00 a 13.30 h
EXPOSICIÓN PERMANENTE DE LAUDS SEPULCRAIS NA IGREXA DE SANTA MARÍA "A NOVA"
R/ Carreiriña s/n -15.200 Noia
Tfno de información : 981-824169
Horarios:
Luns a venres: 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00
Sábado, de 10:30 a 13:30 horas
Domingo, de 11:00 a 13:30 h
Horario de xuño a setembro:
Luns a venres, de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:00
Sábados e domingos todo o ano: 11:00 a 13:30
Atención: pecha os días 16 e 25 xullo, 15 agosto, 24, 25 e 31 de decembro
TEATRO COLISEO NOELA
R/ Curro s/n
Teléfono: 981 828104/828011
Conta con Auditorio con capacidade para 342 persoas, no que se poden proxectar películas de cine ou desenvolver obras de teatro. Tamén ten unha sala de exposicións.
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Pavillón municipal de deportes “Rosalia de Castro”
Conta con pista para fútbol sala, voleibol, hockei, baloncesto, patinaxe artística, sala de pesas e ximnasio.
Ubicado na Rúa Rosalía de Castro, s/n
PAVILLÓN “Alonso Rodríguez”
Rocódromo
PISCINA MUNICIPAL
Ximnasio. Baños libres, cursos intensivos para adultos e rapaces
Ubicada en Irmáns Labarta, tfno.981-824135
CENTRO DEPORTIVO SAN LÁZARO
Campo municipal de Fútbol.
Campo de herba artificial
Pistas de Atletismo.
CLUB DE PIRAGÜISMO
Instalacións na praia de Testal. Imparten cursos.
PISTAS DE TENIS
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARROQUIAIS
Campo de fútbol de Róo.
Campo de fútbol de Argalo.
Campo de A Quiña en Pontenafonso.
Pista deportiva en Sampaio.
Pista deportiva en A Barquiña.
Pista deportiva en Bergondo.
Pista deportiva en O Obre.
Pista deportiva en Argalo.
Pista deportiva en Testal.
Pavillón do CEIP Felipe de Castro.
Pavillón do CEIP Alexandre Cadarso.
Ximnasio do IES Campo de San Alberte.
Ximnasio do IES Virxe do Mar
INSTALACIÓNS PRIVADAS
Ximnasio Maniotas.
Pádel Noia (
http://www.padelnoia.org)
Pavillón do Colexio Jaime Balmes.
Pavillón do Colexio María Assumpta
ACTIVIDADES DEPORTIVAS ANUAIS
Rallie de Noia (
http://www.ralinoia.com)
Carreira de San Silvestre (31 de decembro)
Premio memorial Alonso.
Premio ciclista San Marcos.
Carreira pedestre.
Exhibición taekwondo.
Gala de patinaxe.
Copa San Bartolomeu de Fútbol.
Navibasket.
CENTROS DE EDUCACION INFANTIL
Ludoteca Xoaniña S.L.L.
Enderezo: Rúa Frei Lois Rodríguez, 13
15200 - Noia
Teléfono: 981823880
Gardería Cativos
Enderezo: Rúa Calvario, 16
15200 - Noia
Teléfono: 981821758
Gardería Golfiños
Enderezo: Rúa Calvario, 19
15200 - Noia
Teléfono: 981820197
CENTROS DE ATENCIÓN EDUCATIVA
Servizo de tratamento a nenos discapacitados (STAND)
Enderezo: Rúa Frei Lois Rodríguez, 9
15200 - Noia
Teléfono: 981824248
Fax: 981824248
Servizo municipal de educación familiar
Enderezo: Rúa Frei Lois Rodríguez, 9
15200 - Noia
Teléfono: 981824248 Fax: 981824248
AXUDAS DIRECTAS Á EDUCACIÓN
O Concello de Noia realiza convocatorias anuais de axudas para favorecer a integración escolar, especialmente das persoas con menos recursos. Neste curso convocáronse axudas para material escolar dirixidas ao alumnado de educación infantil, axudas para comedor escolar dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria e axudas ao transporte escolar para aqueles veciños de Noia que obrigatoriamente teñen que cursar os seus estudos fóra do noso concello.
As convocatorias destas axudas adoitan publicarse no BOP durante a primeira quincena do mes de xullo. O prazo para realizar as solicitudes de 30 días hábiles dende a súa publicación.
COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS
Desde a Concellería de Educación mantense unha relación constante cos centros educativos de titularidade pública do Concello, e con subvencións directas para o financiamento de actividades. En canto aos CEIP, o Concello de Noia encárgase da luz, limpeza, xardinería e mantemento en xeral; o concello tamén sufraga o salario dos bedeis de cada CEIP público.
EDUCACIÓN FAMILIAR
O servizo de educación familiar é levado por unha pedagoga contratada polo concello de Noia que realiza o seu traballo nos centros educativos e directamente coas familias.
FUNDACIÓN OTILIA MILLARES
O Concello de Noia forma parte da Fundación Otilia Millares, sendo o alcalde membro do seu padroado. O obxectivo desta fundación é colaborar para integración escolar dos nenos talentosos con menos ingresos. Estableceu un Premio ao Mellor Estudante noiés, dotado con 3.000 euros, que na primeira edición gañou Carlos Maquieira (10 en Bacharelato e 9,25 en Selectividade).
REDE DE LOCAIS VECIÑAIS
Noia conta cunha importante rede de centros veciñais nas parroquias xestionados polas propias asociacións.
Local veciñal de Barro.
Local veciñal de Boa.
Local veciñal de Pontenafonso.
Local veciñal de A Barquiña.
Local veciñal de A Barquiña.
Local veciñal de Roo.
Local veciñal de O Obre.
Local veciñal de Sampaio.
Ademais, está dispoñible, dende a súa rehabilitación, a Casa de Domingo Fontán (enriba da Praza de Abastos), que tamén se emprega para usos das asociacións veciñais, en concreto para asociacións femininas.
Ubicación: Rúa do Curro, s/n 15200 – Noia – A Coruña
ASOCIACIÓNS VECIÑAIS
Acolle (Residencias e centros de Anciáns de Iniciativa Social)
Web: http://www.acolle.com/noia.htm
Enderezo electrónico: noia@acolle.com
R/ Vizconde de San Alberto, s/n
15200 Noia (A Coruña)
Teléfono: 981 820 244
A Creba (Atención a Personas que padecen Trastornos Mentales severos crónicos)
Web: http://www.acreba.org
Enderezo electrónico: asoacreba@correo.cop.es
R/ Marqués de Monroi s/n
Teléfono: 981 824 921
Asociación de Actividades Empresariais de Noia
Web: http://www.empresariosdenoia.com
Rúa Luis Cadarso nº 64 1º B
NOIA A Coruña
Teléfono: 981 822 659
Asociación de Comerciantes e Profesionais do Casco Histórico de Noia
Web:
http://www.noiahistorica.org
Rúa Comercio, 26-28.
Galerías "O Cantón", piso 1º
15200 NOIA
Teléfono: 981 824 764
UAD (UNIDADE DE ATENCIÓN AO DROGODEPENDENTE)
Este departamento atópase na planta segunda do Centro de Saúde de Noia, ubicado na Avenida República Arxentina, sen número.
A estrutura de persoal é a seguinte: médico director da unidade, psicóloga, traballadora social, auxiliar de clínica e auxiliar administrativo.
Está cofinanciado polo Plan Concertado da Consellería de Saúde que aporta 180.000 euros para o mantemento da unidade.
Teléfono e Fax: (981) 82 25 00
PLAN COMARCAL DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS
Este programa está cofinanciado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Gacilia e adicase a prevención contra o consumo de drogas. Consta dun traballador social que realiza o seu traballo sobre todo nos centros educativos da Comarca, á parte da axuda económica o concello noiés asume todo o resto do custe a pesar de ser un servizo comarcal.
Teléfono: 609 82 31 34
Correo electrónico:
saudenoia@gmail.com
Máis información
dende aquí.
NOIA, CONCELLO SAUDABLE
O Concello de Noia foi elixido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento do programa Concello Saudable, que conta cun orzamento específico aportado pola Xunta de Galicia. Para realizar este programa, o Concello de Noia conta cunha nutricionista e un licenciado en Inef a tempo parcial.
Toda a información sobre os Concellos Saudables na web do Sergas
dende aquí.
SERVICIOS SANITARIOS NO CONCELLO
Centro de Saúde
Situado en Avenida República Arxentina s/n
Teléfono de Cita Previa: 902077333
Cruz Vermella de Noia
R/ Chainza, 2 15200 Noia (A Coruña)
Telf: 981825405/981824839
Fax: 981825405
Correo electrónico:
noia@cruzroja.es
Ambulancias
Teléfono 061
POLICIA MUNICIPAL
A policia municipal ten a súa sede na planta baixa da casa do Concello de Noia. Está composta por 16 axentes. Dispón de dous coches, dúas motos, dous sonómetros e un etilómetro para o desenvolvemento das súas funcións.
Contactar en: 091 ou 981 84 21 01
SERVIZO DE GRÚA
O concello de Noia dispón de servizo de grúa coa empresa Serper S.L. Está ubicada na rúa Bouciñas s/n e o seu teléfono é 981822990.
O depósito de vehículos atópase no lugar de Portobravo, nunha nave alugada polo Concello.
PROTECCIÓN CIVIL
Ten a súa sede no edificio municipal situado no polígono industrial de Augalevada. A estrutura de persoal de Protección Civil de Noia é a seguinte:
Xefe de Protección Civil.
Tres membros estables financiados polas consellerías de Medio Ambiente e obras públicas. e Medio Rural
Grumir (Grupo Municipal de Intervención Rápida). A Grumir de Noia está composta por tres oficiais e doce peóns que eran financiados ata agora pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
Este corpo conta con tres camións de bombeiros, un vehículo urbano lixeiro, dous todoterreos e dúas zódiacs. Ademais dispón de desfibrilador e tamén equipo de excarcelación, entre outros medios.
O Concello de Noia conta tamén coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, unha asociación de voluntarios composta por 46 integrantes e que colabora na seguridade co concello.
Teléfono de Contacto: 981 82 42 22
Emerxencias: 112
Correo electrónico:
pcnoia@terra.es
web:
http://noia.e.telefonica.net
SOCORRISTAS
En tempada estival o concello de Noia dispón de servizo de socorristas nas praias: trátase de persoal temporal financiado pola consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
O concello de Noia foi dos primeiros en contar con PEMU, O Plan de Emerxencias Municipal do Concello de Noia. Nel márcanse as pautas de actuación en caso de traxedia ou catástrofe, e define os perigos existentes na nosa Vila.
GARDA CIVIL
Cuartel no lugar de A Devesa na Rasa.
Teléfono de contacto: 981 820 515
BRIGADAS CONTRAINCENDIOS
Distrito forestal de Medio rural.
R/Labarta.